REUNIÓNS COS ORGANISMOS E ADMINISTRACIÓNS IMPLICADOS NA TRAMITACIÓN DO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DE RAZO.




Nos meses transcorridos dende o inicio dos traballos de formulación do BORRADOR DO PLAN e do DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO o equipo redactor xunto con técnicos municipais tense reunidos con distintos organismos e administracións implicados na tramitación do Plan Especial de Protección, infraestruturas e Dotacións de Razo.
O fin destas reunións é transmitir o obxecto do plan especial e recoller as inquedanzas e determinacións das distintas administracións e organismos que teñen que emitir informe favorable para que estas se recollan no documento do plan especial dende os seus inicios e se facilite así a súa tramitación.
As reunións que o equipo ten mantido ata a data son:
- 21.11.2017. DEMARCACIÓN DE COSTAS DO ESTADO
- 22.11.2017. DEPARTAMENTO DE VIAS E OBRAS DA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
- 12.12.2017. D. X. DE PATRIMONIO NATURAL.
- 21.12.2017. D. X. URBANISMO. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE A CORUÑA
- 27.12.2017. AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA
- 03.01.2018. D.X. DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE A CORUÑA
- 12.01.2018. COSTAS DA XUNTA / PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL

Ademais destas reunións coas administracións o equipo ten iniciado conversas coa empresa concesionaria da xestión do abastecemento o rede de sumidoiros municipal- Gestagua, coa empresa que está a redactar o Plan de Mobilidade para o Concello de Carballo, IPLAN Movilidad SL, e con Protección Civil do Concello de Carballo.







Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentadas 68 alegacións ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo

SÍNTESE DO DOCUMENTO DE ALCANCE

EXPOSICIÓN PÚBLICA