Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

Rematou o periodo de consultas do Plan Especial

Imagen
O pasado día 16 de abril rematou o prazo de consultas do Plan Especial e dende esa data a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do territorio dispón de dous meses para emitir o "Documento de Alcance do estudio ambiental estratéxico". Nese Documento de Alcance se recollen os informes sectoriais que emitiron as distintas administracións implicadas, así como tódalas alegacións que presentaron os particulares e/ou asociacións. Unha vez recibido o equipo redactor as analizará, e estudiará as modificacións que pode supoñer ao Documento do Plan Especial exposto.