Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

Presentouse o Plan Especial de Razo na II Xornada de Urbanismo Sostible de Lalín

Imagen
O venres 23 de novembro invitouse ao Concello de Carballo á  presentación dos traballos que se están a elaborar do Plan especial de  protección, infraestruturas e dotacións en Razo- Arnados nas II  Xornada de Urbanismo Sostible en Lalín. Medio centenar de persoas, entre políticos de diferentes municipios e institucións, expertos da Universidade de Santiago de Compostela e técnicos da materia, participaron o venres 23 de novembro na II Xornada de Urbanismo Sostible en Galicia, organizadas polo Concello de Lalín a través da Concellería de Urbanismo. Entre os poñentes estiveron a concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana de Carballo, Milagros Lantes, e a arquitecta Iria Pérez Miranda, que forma parte do equipo redactor do Plan Especial de Protección, Infraestruturas e Dotacións en Arnados-Razo, para expor os traballos do Plan Especial de Razo como exemplo de traballos de urbanismo sostible no litoral. Nesta xornada participaron ademais do concello de Carballo, o concello