Entradas

Rematou o periodo de consultas do Plan Especial

Imagen
O pasado día 16 de abril rematou o prazo de consultas do Plan Especial e dende esa data a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do territorio dispón de dous meses para emitir o "Documento de Alcance do estudio ambiental estratéxico".
Nese Documento de Alcance se recollen os informes sectoriais que emitiron as distintas administracións implicadas, así como tódalas alegacións que presentaron os particulares e/ou asociacións.
Unha vez recibido o equipo redactor as analizará, e estudiará as modificacións que pode supoñer ao Documento do Plan Especial exposto. 

Consulta o Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Razo-Arnados

O departamento Avaliación Ambiental Estratéxica da CMAOT (Xunta de Galicia) colgou  na súa Web o PE de Razo-Arnados  para a súa consulta pública. 

Podedes consultalo no seguinte Link:


AAE Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Razo-Arnados

Nesta web podedes participar no PE, aportando comentarios que consideredes no seguinte Link.

TRAMITACIÓN DO PLAN ESPECIAL

Imagen

REUNIÓNS COS ORGANISMOS E ADMINISTRACIÓNS IMPLICADOS NA TRAMITACIÓN DO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DE RAZO.

Imagen
Nos meses transcorridos dende o inicio dos traballos de formulación do BORRADOR DO PLAN e do DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO o equipo redactor xunto con técnicos municipais tense reunidos con distintos organismos e administracións implicados na tramitación do Plan Especial de Protección, infraestruturas e Dotacións de Razo. O fin destas reunións é transmitir o obxecto do plan especial e recoller as inquedanzas e determinacións das distintas administracións e organismos que teñen que emitir informe favorable para que estas se recollan no documento do plan especial dende os seus inicios e se facilite así a súa tramitación. As reunións que o equipo ten mantido ata a data son: - 21.11.2017. DEMARCACIÓN DE COSTAS DO ESTADO - 22.11.2017. DEPARTAMENTO DE VIAS E OBRAS DA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA - 12.12.2017. D. X. DE PATRIMONIO NATURAL. - 21.12.2017. D. X. URBANISMO. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE A CORUÑA - 27.12.2017. AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA - 03.01.2018. D.X. DE CONSERVACIÓN DA …

CAMPO DE FÚTBOL

Imagen
Na xornada de participación cidadá celebrada no CEIP de Nétoma- Razo o 15 de decembro de 2017 expuxéronse, por parte dos participantes, dúbidas sobre o futuro do campo de fútbol no que xoga o clube San Isidro de Razo a competición de Liga de Fútbol Veteranos Costa da Morte, e o seu tratamento urbanístico no Plan Especial de Protección, Infraestruturas e Dotacións. É importante para este equipo redactor sinalar que o actual campo de fútbol atópase fóra do ámbito do Plan Especial e por tanto non é obxecto do documento o seu tratamento nin establecer determinacións sobre o seu futuro.  Os terreos nos que se sitúa actualmente o campo atópanse dentro da delimitación do DPMT (Dominio Público Marítimo Terrestre) e por conseguinte son competencia do organismo Costas do Estado. O actual campo de fútbol utilízase en réxime de concesión por parte da Demarcación de Costas dependendo a súa prórroga exclusivamente deste organismo. Agora ben, desde o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de …

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO E OBXECTO.

Imagen
O Plan Especial 2 Razo- Arnados delimítase no Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Carballo aprobado definitivamente por Orde do 4 de febreiro de 2016 da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. O obxecto para o seu desenvolvemento segundo o propio PXOM é ademais de dar cumprimento dos obxectivos establecidos no POL para esta área de recualificación, o de ordear de forma integral as áreas susceptibles  de acoller dotacións na costa, cos usos propios de espazos libres, actividades deportivas, accesos ás praias, aparcadoiros, etc, nun entorno sensible a nivel medioambiental e paisaxístico.
O ámbito delimitado polo PXOM comprende unha superficie de 312.811m² situados na parroquia de San Martiño a carón da Praia de Razo. Está composto por dúas bolsas de terreo situadas ao este e oeste do núcleo rural de Arnados unidas por unha pequena banda que recolle o espazo público (vial, aparcadoiros e zonas verdes) no frente do asentamento de Arnados clasificado no PXOM c…

Enquisa do proceso participativo do PE

Ver enquisa

Loading...