Entradas

Mostrando entradas de enero, 2018

TRAMITACIÓN DO PLAN ESPECIAL

Imagen

REUNIÓNS COS ORGANISMOS E ADMINISTRACIÓNS IMPLICADOS NA TRAMITACIÓN DO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DE RAZO.

Imagen
Nos meses transcorridos dende o inicio dos traballos de formulación do BORRADOR DO PLAN e do DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO o equipo redactor xunto con técnicos municipais tense reunidos con distintos organismos e administracións implicados na tramitación do Plan Especial de Protección, infraestruturas e Dotacións de Razo. O fin destas reunións é transmitir o obxecto do plan especial e recoller as inquedanzas e determinacións das distintas administracións e organismos que teñen que emitir informe favorable para que estas se recollan no documento do plan especial dende os seus inicios e se facilite así a súa tramitación. As reunións que o equipo ten mantido ata a data son: - 21.11.2017. DEMARCACIÓN DE COSTAS DO ESTADO - 22.11.2017. DEPARTAMENTO DE VIAS E OBRAS DA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA - 12.12.2017. D. X. DE PATRIMONIO NATURAL. - 21.12.2017. D. X. URBANISMO. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE A CORUÑA - 27.12.2017. AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA - 03.01.

CAMPO DE FÚTBOL

Imagen
Na xornada de participación cidadá celebrada no CEIP de Nétoma- Razo o 15 de decembro de 2017 expuxéronse, por parte dos participantes, dúbidas sobre o futuro do campo de fútbol no que xoga o clube San Isidro de Razo a competición de Liga de Fútbol Veteranos Costa da Morte, e o seu tratamento urbanístico no Plan Especial de Protección, Infraestruturas e Dotacións. É importante para este equipo redactor sinalar que o actual campo de fútbol atópase fóra do ámbito do Plan Especial e por tanto non é obxecto do documento o seu tratamento nin establecer determinacións sobre o seu futuro.  Os terreos nos que se sitúa actualmente o campo atópanse dentro da delimitación do DPMT (Dominio Público Marítimo Terrestre) e por conseguinte son competencia do organismo Costas do Estado. O actual campo de fútbol utilízase en réxime de concesión por parte da Demarcación de Costas dependendo a súa prórroga exclusivamente deste organismo. Agora ben, desde o Plan Xeral de Ordenación Municipal d