Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

Presentadas 68 alegacións ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo

Imagen
Aínda que están pendentes varios informes sectoriais da Administración autonómica, o equipo redactor iniciará de inmediato o estudo das alegacións Rematados os dous meses do período de información pública,  o Concello de Carballo recibiu 68 alegacións ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo . Aínda que seguimos pendentes de recibir varios informes sectoriais que debe emitir a Administración autonómica, o equipo redactor comezará a estudar as alegacións de inmediato para que nun prazo aproximado de dous meses poidan convocarse “as comisións precisas para ditaminalas”, tal como indica a concelleira de Planificación, Milagros Lantes. O Concello de Carballo vén primando a participación veciñal durante todo o proceso de elaboración do plan especial de Arnados, e nesa liña xa en xaneiro, tras a aprobación inicial do documento, realizouse un envío de notificacións individuais ás  máis de 200 persoas afectadas  e púxose en marcha para elas un  servizo de ate