Entradas

Consulta o Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Razo-Arnados

O departamento Avaliación Ambiental Estratéxica da CMAOT (Xunta de Galicia) colgou  na súa Web o PE de Razo-Arnados  para a súa consulta pública.  Podedes consultalo no seguinte Link: AAE Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Razo-Arnados Nesta web podedes participar no PE, aportando comentarios que consideredes no seguinte Link .

TRAMITACIÓN DO PLAN ESPECIAL

Imagen

REUNIÓNS COS ORGANISMOS E ADMINISTRACIÓNS IMPLICADOS NA TRAMITACIÓN DO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DE RAZO.

Imagen
Nos meses transcorridos dende o inicio dos traballos de formulación do BORRADOR DO PLAN e do DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO o equipo redactor xunto con técnicos municipais tense reunidos con distintos organismos e administracións implicados na tramitación do Plan Especial de Protección, infraestruturas e Dotacións de Razo. O fin destas reunións é transmitir o obxecto do plan especial e recoller as inquedanzas e determinacións das distintas administracións e organismos que teñen que emitir informe favorable para que estas se recollan no documento do plan especial dende os seus inicios e se facilite así a súa tramitación. As reunións que o equipo ten mantido ata a data son: - 21.11.2017. DEMARCACIÓN DE COSTAS DO ESTADO - 22.11.2017. DEPARTAMENTO DE VIAS E OBRAS DA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA - 12.12.2017. D. X. DE PATRIMONIO NATURAL. - 21.12.2017. D. X. URBANISMO. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE A CORUÑA - 27.12.2017. AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA - 03.01....

CAMPO DE FÚTBOL

Imagen
Na xornada de participación cidadá celebrada no CEIP de Nétoma- Razo o 15 de decembro de 2017 expuxéronse, por parte dos participantes, dúbidas sobre o futuro do campo de fútbol no que xoga o clube San Isidro de Razo a competición de Liga de Fútbol Veteranos Costa da Morte, e o seu tratamento urbanístico no Plan Especial de Protección, Infraestruturas e Dotacións. É importante para este equipo redactor sinalar que o actual campo de fútbol atópase fóra do ámbito do Plan Especial e por tanto non é obxecto do documento o seu tratamento nin establecer determinacións sobre o seu futuro.  Os terreos nos que se sitúa actualmente o campo atópanse dentro da delimitación do DPMT (Dominio Público Marítimo Terrestre) e por conseguinte son competencia do organismo Costas do Estado. O actual campo de fútbol utilízase en réxime de concesión por parte da Demarcación de Costas dependendo a súa prórroga exclusivamente deste organismo. Agora ben, desde o Plan Xeral de Ordenación Municip...

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO E OBXECTO.

Imagen
O Plan Especial 2 Razo- Arnados delimítase no Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Carballo aprobado definitivamente por Orde do 4 de febreiro de 2016 da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. O obxecto para o seu desenvolvemento segundo o propio PXOM é ademais de dar cumprimento dos obxectivos establecidos no POL para esta área de recualificación, o de ordear de forma integral as áreas susceptibles  de acoller dotacións na costa, cos usos propios de espazos libres, actividades deportivas, accesos ás praias, aparcadoiros, etc, nun entorno sensible a nivel medioambiental e paisaxístico. O ámbito delimitado polo PXOM comprende unha superficie de 312.811m² situados na parroquia de San Martiño a carón da Praia de Razo. Está composto por dúas bolsas de terreo situadas ao este e oeste do núcleo rural de Arnados unidas por unha pequena banda que recolle o espazo público (vial, aparcadoiros e zonas verdes) no frente do asentamento de Arnados clasifica...

Enquisa do proceso participativo do PE

Ver enquisa Loading...
Ámbito do sector Este Plan Especial inclúe, na súa metade oeste, parte dos terreos definidos no POL como área de recualificación dentro da Unidade Paisaxística de "Razo", no entorno dos núcleos de Arnados e Razo da Costa; e na súa metade leste o borde litoral da praia de Razo e do espazo natural da lagoa de  Baldaio. Desenvolverá os terreos de solo rústico de protección de costas, de espazos naturais, de augas, paisaxísticos e agropecuarios adxacentes aos núcleos rurais antes mencionados. O ámbito esta atravesado polos cauces dos regos de Porriños, Barcia e Pardiñas.