DELIMITACIÓN DO ÁMBITO E OBXECTO.

O Plan Especial 2 Razo- Arnados delimítase no Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Carballo aprobado definitivamente por Orde do 4 de febreiro de 2016 da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
O obxecto para o seu desenvolvemento segundo o propio PXOM é ademais de dar cumprimento dos obxectivos establecidos no POL para esta área de recualificación, o de ordear de forma integral as áreas susceptibles  de acoller dotacións na costa, cos usos propios de espazos libres, actividades deportivas, accesos ás praias, aparcadoiros, etc, nun entorno sensible a nivel medioambiental e paisaxístico.

O ámbito delimitado polo PXOM comprende unha superficie de 312.811m² situados na parroquia de San Martiño a carón da Praia de Razo. Está composto por dúas bolsas de terreo situadas ao este e oeste do núcleo rural de Arnados unidas por unha pequena banda que recolle o espazo público (vial, aparcadoiros e zonas verdes) no frente do asentamento de Arnados clasificado no PXOM como núcleo rural.
O Plan Especial inclúe, na súa metade oeste parte dos terreos definidos no POL como áreas de recualificación dentro da Unidade Paisaxística de Razo,e na súa metade leste o borde litoral da praia de Razo e do espazo natural da Lagoa de Baldaio.


O límite norte do ámbito coincide co límite costeiro, co dominio público marítimo terrestre na zona leste e coa riveira do mar no fronte do núcleo de Arnados e zona oeste.  
Sendo o resto dos límites coincidentes coa delimitación do núcleo rural de Arnados e unha serie de vías secundarias. Estando perfectamente definida a delimitación do ámbito na cartografía do PXOM e facilmente identificable na realidade do territorio.



Vistas parciais do ámbito extraídas do voo oblicuo elaborado para o POL


Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentadas 68 alegacións ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo

SÍNTESE DO DOCUMENTO DE ALCANCE

EXPOSICIÓN PÚBLICA