SÍNTESE DO DOCUMENTO DE ALCANCE


O Documento de alcance considera adecuados o Borrador e o Documento de inicial estratéxico do Plan presentados. Para seguir coa tramitación a Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental emitiu o DOCUEMNTO DE ALCANCE onde se recollen observacións e suxerencias, tanto de este organismo como de outras institucións.  

A continuación describimos brevemente as consideracións máis significativas para a integración  dos aspectos  ambientais e a sustentabilidade do Plan Especial:
  • -        O Plan Especial nas seguintes fases debe concretar as actuacións propostas garantindo a integración no territorio e a protección do medio natural.
  • -        O Plan supón unha mellora paisaxística do sector, pero deberá contemplar as consideracións do Instituto de Estudos do Territorio (IET) nas actuacións, que se deberán detallar nas seguintes fases (Estudo de Impacto e Integración Paisaxística -EIIP).
  • -        O plan deberá cumprir os obxectivos do Plan Director de Rede Natura  2000    
o   Zona de Protección. Zonas de maior valor natural debido a presenza de especies prioritarias, por tanto presenta fortes restricións que se deberán cumprir (Ver mapa de síntese).
o   Zona de Conservación.  Zonas de gran valor natural, con grandes restricións que se deberán cumprir (ver mapa de síntese).

  • -        Atenderanse os obxectivos do Plan de recuperación da escribenta das canaveiras e o Plan de conservación da píllara das dunas.
  • -        Control e erradicación de especies invasoras.
  • -        Afondar nos posibles riscos por desprendemento nos cantís.
  • -        Garantir que non existe risco por inundacións nas edificacións existentes.
  • -        Recuperación do Rego Porriños reproducindo o seu estado natural (calidade das augas, morfoloxía, etc.) como se ve no seguinte mapa.
  • -        Garantir o abastecemento e saneamento das augas.
  • -        Xustificar as necesidades das redes existentes para atender as novas necesidades respecto aos novos equipamentos e instalacións previstas.
  • -        Incluír a afección do plan respecto ao cambio climático.

Ademais destas consideracións, recolléronse dous comentarios particulares no período de consultas.

No seguinte link poden descargar o Documento de Alcance íntegro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentadas 68 alegacións ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo

EXPOSICIÓN PÚBLICA