INFORMACIÓN PÚBLICA
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria que tivo lugar o 21 de
decembro de 2020, acordou aprobar inicialmente o Plan Especial de protección,
infraestruturas e dotacións en Razo- Arnados.
O Diario Oficial de Galicia nº 27, de 10 de febreiro de 2021, publica o ANUNCIO de información pública do Plan
Especial de protección, infraestruturas e dotacións en Razo- Arnados.
O Plan Especial sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados
a partir da data de publicación (ata o 11/04/2021) co fin de que as persoas que
se consideren afectadas por éste poidan examinar o expediente e deducir, de ser
o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.
A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na oficina técnica municipal das 10.00 ás 13.00 horas e no Forum Carballo solicitando en ambos casos cita previa e na páxina web do concello na seguinte ligazón:
Comentarios
Publicar un comentario