CAMPO DE FÚTBOL
Na xornada de participación cidadá
celebrada no CEIP de Nétoma- Razo o 15 de decembro de 2017 expuxéronse, por
parte dos participantes, dúbidas sobre o futuro do campo de fútbol no que xoga
o clube San Isidro de Razo a competición de Liga de Fútbol Veteranos Costa da
Morte, e o seu tratamento urbanístico no Plan Especial de Protección,
Infraestruturas e Dotacións.
É importante para este equipo redactor
sinalar que o actual campo de fútbol atópase fóra do ámbito do Plan Especial e
por tanto non é obxecto do documento o seu tratamento nin
establecer determinacións sobre o seu futuro.
Os terreos nos que se sitúa actualmente o
campo atópanse dentro da delimitación do DPMT (Dominio Público Marítimo
Terrestre) e por conseguinte son competencia do organismo Costas do Estado. O
actual campo de fútbol utilízase en réxime de concesión por parte da
Demarcación de Costas dependendo a súa prórroga exclusivamente deste organismo.
Agora ben, desde o Plan Xeral de
Ordenación Municipal do Concello de Carballo aprobado definitivamente no ano
2016, e concretamente dende o contido da ficha que establece as directrices do
Plan Especial de Razo, determínase que o documento debe contemplar unha
localización alternativa para este equipamento para o caso de que Costas do
Estado non renove a citada concesión.
O Plan Especial que estamos a redactar
contemplará unha ubicación alternativa para este equipamento deportivo que se
integre debidamente no ámbito e no conxunto da solución que se está a deseñar e
que respecte o marco normativo que necesariamente debemos cumprir.
É
por iso que queremos despexar as dúbidas xurdidas e confirmar que o campo de
fútbol seguirá na súa localización actual mentres Costas do Estado non
determine o contrario e a concesión siga vixente.
Comentarios
Publicar un comentario