Presentouse o Plan Especial de Razo na II Xornada de Urbanismo Sostible de Lalín



O venres 23 de novembro invitouse ao Concello de Carballo á presentación dos traballos que se están a elaborar do Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Razo- Arnados nas II Xornada de Urbanismo Sostible en Lalín.

Medio centenar de persoas, entre políticos de diferentes municipios e institucións, expertos da Universidade de Santiago de Compostela e técnicos da materia, participaron o venres 23 de novembro na II Xornada de Urbanismo Sostible en Galicia, organizadas polo Concello de Lalín a través da Concellería de Urbanismo.

Entre os poñentes estiveron a concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana de Carballo, Milagros Lantes, e a arquitecta Iria Pérez Miranda, que forma parte do equipo redactor do Plan Especial de Protección, Infraestruturas e Dotacións en Arnados-Razo, para expor os traballos
do Plan Especial de Razo como exemplo de traballos de urbanismo sostible no litoral.

Nesta xornada participaron ademais do concello de Carballo, o concello de Lalín, o concello de Lugo e o concello de Vilagarcía de Arousa sobre distintas iniciativas locais para acadar un desenvolvemento urbano sostible nos seus concellos. Eduardo Sobrino como subdirector da Dirección Xeral de Urbanismo falou sobre o Plan Básico Autonómico e Plans básicos municipais, e Valerià Paül sobre a situación da ordenación territorial tanto nas distintas comunidades do estado español como en Galicia.

Esta xornada completouse ca participación doutros profesionais do sector privado que debateron sobre o mobilidade sostible, o paisaxismo, as novas tecnoloxías ou as cooperativas de vivenda.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentadas 68 alegacións ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo

SÍNTESE DO DOCUMENTO DE ALCANCE

EXPOSICIÓN PÚBLICA